Sistema miofascial

A fascia é un órgano de comunicación, constituido por unha rede ininterrumpuda, texido conectivo, con propiedades biomecánicas e bioquímicas.

Dentro das propiedades biomecánicas atopámonos coa función unificadora, xa que envolve todas as estruturas somáticas e viscerais incluíndo as meninxes, conectándoas entre sí, dándolles soporte físico e determinando a súa forma. 

Dentro das propiedades bioquímicas podemos diferenciar a función protectora, xa que condiciona a permeabilidade das barreiras, e a función correctora, que garante a función nutritiva en relación coa sangue e a linfa, deste xeito asegura a protección e autonomía de cada músculo e regula a homeostasis.

Divídese en:

  • Fascia superficial: exténdese dende o plano subdérmico (debaixo da pel) ata a fascia muscular, vehiculizando os vasos sanguíneos e os nervios.
  • Fascia profunda: unida íntimamente á fascia superficial, soporta, rodea e asegura a integridade e estrutura dos diferentes sistemas, dividíndose así mesmo en:
    • miofascia: envolvendo músculos e tendóns.
    • viscerofascia: superficies de contacto e deslizamento entre órganos.
    • neurofascia: continuidade do sistema fascial co sistema nervioso.
    • meninxes: a duramadre espinal e intracraneal.

Como todo texido conectivo está composto por células (fibroblastos, macrófagos e mastocitos) e matriz extracelular (fibras de elastina, coláxeno e sustancia fundamental). As fibras de elastina responden ao estiramento e as de coláxeno á compresión, características fundamentais, xa que definen a forma de levar a cabo técnica, chamada inducción miofascial.

Tendo en conta que o texido conectivo almacena un 23% da auga total do corpo, a correcta hidratación tamén é de vital importancia para manter un bo estado de dito texido, Do mesmo xeito, tamén é importante, controlar a acidez corporal, xa que un aumento na acidez facilitará unha pérdida de auga e a creación de crosslinks, disminuíndo a capacidade de movemento (por aumento de densidade) e limitación da elasticidade, situación que mantida no tempo, desencadeará unha lesión coa síntomatoloxía asociada (dor, incapacidade para o libre movemento…).

Os obxectivos do tratamento do síndrome miofascial serán, eliminar as restricións do e dentro do sistema fascial e reestablecer o equilibrio funcional do corpo, aplicando as técnicas axeitadas (tendo en conta composición do texido), no lugar axeitado (tendo en conta a continuidade ininterrumpida ao longo do corpo).