Osteopatía visceral

A osteopatía visceral, é o conxunto de técnicas manuais aplicadas sobre as diferentes estructuras que conforman o sistema visceral: órganos, vértebras, músculos e medios de unión e soporte como ligamentos, epiplones ou mesenterios. Mediante estas técnicas osteopáticas buscamos conseguir unha correcta funcionalidade visceral e mellorar a sintomatoloxía provocada en outros sistemas como poderían ser o muscular, esquelético, vascular, respiratorio ou nervioso, posiblemente como consecuencia dun mal funcionamento orgánico. 

Unha estructura anatómica que mostra a influenza do sistema visceral en outros é o músculo diafragma. Este, permite a expansión do tórax na respiración, ten forma de cúpula e numerosas unións ás estructuras dos diferentes sistemas, como por exemplo, ao fígado mediante o ligamento falciforme (relación músculo-viscera), á columna vertebral mediante as insercións dos piares do propio músculo, as vértebras dorso-lumbares D12 a L3 (relación músculo-esquelética), e tamén é atravesado pola arteria aorta (relación músculo-vascular) e polo nervio vago (décimo par craneal) (relación músculo-nerviosa).

Do mismo xeito que o diafragma, encontrámonos con algunha relación entre os diferentes sistemas en cada unha das estructuras (músculos, arterias, glándulas, vísceras…) que forman o corpo do ser humano.

Tendo en conta este tipo de relacións, podemos entender cómo unha alteración na movilidade do fígado pode repercutir na correcta mecánica do diafragma e provocar unha sobrecarga da tensión muscular dos seus piares e referir unha dor dorso-lumbar.

Outra estructura anatómica que vai mostrarnos a importancia da repercusión do sistema visceral sobre o resto de sistemas é o sistema nervioso (SN). Entre outras funcións o SN é o encargado da activación muscular (fibras eferentes) e de recibir os estímulos sensitivos (fibras aferentes) dos diferentes órganos do corpo. Por exemplo, os músculos escalenos, encargados da movilidade cervical, dependen das fibras eferentes que nacen entre as vértebras cervicais de C3 a C7 e ao mesmo tempo as fibras aferentes que chegan ás raíces entre as vértebras C3 e C5, levan á sensibilidade do estómago mediante o nervio frénico.

Por isto, unha mala función do estómago, enviará unha sinal alterada podendo provocar unha irritación das raíces entre C3-C5, tendo como consecuencia unha alteración no aporte nervioso destas na musculatura e dando lugar a unha sobrecarga a nivel cervical.

Estas e outras relacións, lévannos a pensar na posibilidade de que unha disfunción no sistema visceral pode ser a causa da patoloxía en outro sistema do corpo, por isto é fundamental telo en conta no momento da busca e abordaxe de calqueira patoloxía.

“El funcionamiento del hombre es uno e indivisible; cualquiera que sea la alteración de un órgano, repercutirá en todo el organismo”A.T. STILL